Thursday 16 de May de 2024

O I Torneo Interclub de Judo reunirá a 130 nenos e nenas este sábado no polideportivo municipal do Forte (Boqueixón)


Un total de 130 nenos e nenas, de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, participarán no I Torneo Interclub de Judo, organizado pola Escola de Judo e o Concello de Boqueixón. Un torneo que terá lugar o sábado 5 de marzo, de 10:00 a 14:30 horas, no pavillón municipal do Forte, polo que desfilarán clubs de Vedra, Rois, Bertamiráns, Milladoiro, Teo e Santiago.

O torneo, que servirá como debut para a vintena de rapaces e rapazas de Boqueixón que despois de anos adestrando comezarán a competir a nivel autonómico e nacional, desenvolverase en tres quendas: alevíns (11 e 12 anos) ás 10:00 horas, Benxamín A (9 e 10 anos) ás 11:00 horas e Benxamín B (7 e 8 anos), Prebenxamín (5 e 6 anos) e Biberón (3 e 4 anos) ás 12:00 horas. Tras a competición haberá un adestramento comarcal para as categorías infantil, cadete, junior e adulto, de 12:30 a 14:30 horas.

A competición será mixta en ligas de catro persoas competidoras, que desputarán un mínimo de 3 combates. Todos os nenos e nenas recibirán cadansúa medalla, xa que o que se intenta é potenciar a participación e romper o medo a competir. Así mesmo, dende a Escola de Judo de Boqueixón teñen implantado un protocolo anticovid que será de obrigado cumprimento. Entre outras medidas, o neno/a deberá levar o judogi posto da casa cunha camiseta por debaixo (os abrigos levaranos os pais e nais á grada).

A competición realizarase con máscara, polo que cada participante debera dispoñer dunha máscara de reposto e calzado doado de poñer e sacar, sobre todo no caso dos máis pequenos/as. Finalmente, dende o club piden ás familias que se aseguren de que os cativos/as non leven pendentes, aneis ou pulseiras, xa que son obxectos que poden danar tanto a eles como aos seus compañeiros/as.